12/12/2014

"PLATERO Y YO", 100 anos despois

Hai 100 anos, o  poeta  Juan Ramón Jiménez  escribiu unha fermosa historia acerca dun burro plateado, Platero, e o seu dono.  Naceu así o libro "Platero y yo", obra coa que moitos nenos e nenas se iniciaron e se inician todavía a día de hoxe no apaixoante mundo da lectura.

Na actualidade, este libro, que está dispoñible para a súa lectura na biblioteca do colexio, é a terceira obra máis traducida a diferentes idiomas do mundo e un dos máis apreciados polo público infantil.

O seu parágrafo inicial non pode faltar naqueles espazos nos que hoxe se lle rende homenaxe.

  Platero es pequeño, peludo, suave; tan blando por fuera, que se diría todo de algodón, que no lleva huesos. Sólo los espejos de azabache de sus ojos son duros cual dos escarabajos de cristal negro. Lo dejo suelto y se va al prado y acaricia tibiamente, rozándolas apenas, las florecillas rosas, celestes y gualdas... Lo llamo dulcemente: ¿Platero?, y viene a mí con un trotecillo alegre, que parece que se ríe, en no sé qué cascabeleo ideal...


11/26/2014

O día 25 de novembro, @s nen@s pensan...

 ...na igualdade e a non violencia de xénero
Para celebrar este día, os alumnos de 5º e 6º de primaria fixemos ao longo da semana  uns murais sobre a igualdade e a non violencia de xénero.
Baixamos á biblioteca do centro e limos  contos que tratan de superacións, amizade, compañerismo, trato na infancia, contos tradicionais, ... para ter presentes valores, conclusións.

Falamos  nas aulas e repasamos os traballos que fixemos. 
Na aula de informática visualizamos  un vídeo da igualdade, despois escribimos sobre o que pensabamos das diferenzas:
  • Nenos e nenas somos diferentes no aspecto físico, pero isto non significa que non fagamos as mesmas actividades.
  • Os nenos non teñen que xogar sempre ao fútbol  poden xogar as cociñas, cos bebès, coas bonecas...
Representamos un conto que trataba da igualdade e o respecto entre homes e mulleres.

Ademais de participar na marcha ciclista para reclamar igualdade entre homes e mulleres,  queremos dar a nosa visión sobre este tema.
Co fin de evitar a violencia de xénero,que podemos facer?
- Dialogar as persoas.
-Compartir.
-Non abusar da forza fisica.
-Non molestar aos compañeiros.
-Axudal@s                                                                                                   Alumnado do centro











11/24/2014

20 de novembro: Día do Neno

Os nenos e nenas da Solaina queren lembrar neste día a todos os esquecidos. Este vídeo mostra aquelas acccións que marcarán o noso  futuro.




10/27/2014

A biblioteca da Solaina o 24 de outubro

Este venres, día 24 de outubro, a biblioteca do noso centro abriu as súas portas cun motivo diferente.O  alumnado achegouse a elas cunha algarabía especial Destacar este día no quefacer diario tiña un obxectivo: celebrar o Día da Biblioteca.
Son moitos os alumnos e alumnas que disfrutan co placer da lectura. Razón non lles falta. Nos libros atopan coñecementos, moitos dos seus desexos, dos seus segredos, das aventuras por vivir..., pois non hai maior verdade que as que nos contan as súas páxinas.
Eles e elas mostraron unha vez máis que as bibliotecas escolares son, entre outras, unha das razóns para vir ao colexio.


5/25/2014

Animación á lectura


Organizado dende a biblioteca, o alumnado de 5º e 6º de educación primaria participou nun obradorio de literatura creativa con imaxes de creación propia a partir do libro "Imaxina animais".(Kalandraka Ediccións))
Unha actividade exitosa polo imaxinativa e orixinal!
     

5/19/2014

23 de abril.Día do Libro

Con motivo do Día do Libro, no centro realizamos diferentes actividades que xiraron entorno a  Cervantes  e a súa obra.
Iniciamos a mañá cun visionado Do Quixote ata chegar a un maratón de lectura   con pasaxes  Do  Quixote na  biblioteca.
 As acividades nas distintas etapas marcaron este día tan especial que este ano abordou  a poesía polo que se fixeron numerosos xogos entorno a este xénero literario.
En  educación infantil  léronse poesías en galego e castelán. Os nenos elexiron a súa favorita e tiveron que ilustrala. Unha vez decoradas, introducironnas  nunha caixiña especial para logo levar á casa  de agasallo a que lles tocou.
No 1º ciclo  homenaxearon a Cervantes facendo numerosas decoracións.
No 2º ciclo e 3º ciclo léronse poesías, no proxecto lector, dous días á semana,  confeccionaron poesías propias e iniciáronse na lectura de Cervantes a través do cómic.
Unha mostra do acontecido.

3/17/2014

Semana da prensa

Ao longo da semana nas aulas tratouse o tema da prensa e a súa importancia de cara a unha formación nos aspectos de opinión, seguimento da actualidade, medio de comunicación...
Segundo o nivel, as actividades foron diversas e variadas.
Unha mostra do traballado:

3/15/2014

Actividades no Día de Rosalía

O alumnado e as colaboracións o 24 de febreiro, Día de Rosalía de Castro.



Actividades do alumnado.

2/22/2014

24 de febrerio. Día de Rosalía





   O equipo de biblioteca do CEIP A Solaina conmemora o Día de Rosalía este luns, 24 de febrerio, cun programa especial de actividades iniciadas nas datas anteriores á sinalada.
   O panel da entrada da biblioteca recolle un mural representativo coas aportacións de todos os ciclos: unha réplica da iglesias de Bastabales. ilustracións dos poemas máis coñecidos xunto cos seus versos escritos polo alumnado.
   Por outra banda, o alumnado do 3º ciclo apotará a súa particular visión en moderno dos seus poemas, montaxe en power- point da súa vida, obras...
   Como actividade conxunta, unha exposición de libros de Rosalía de Castro aportados polas familias manterá presente esta figura da que todavía se están a atopar novos textos inéditos que sen dúbida supón un gran achado para a cultura galega.
  "Negra sombra" é un dos poemas coñecidos da escritora. A cantante galega Luz Casal e o gaiteiro Carlos Núñez na versión na que se combina poema e música con paisaxes de Galicía.


1/18/2014

Paula Carballeira na nosa biblioteca

A escritora Paula Carballeira fixo as delicias de todos nós trasladándonos a un mundo de fantasía por medio dos seus relatos.
Dentro do programa de Animación á lectura, os alumnos do 2º  ciclo poideron escoitar a esta fantástica transmisora de historias. Trasladounos a mundos lonxanos, mundos de dragóns, de nenos e nenas valentes...pero, sobre todo, deixou a súa pegada no noso mundo das letras.
Que mellor forma de achegarnos a elas que introducindo nos seus relatos cancións tan sinxelas...
recordas?
                    "Onde estás Xan Sen Medo?
                     Vén aquí que xa te teño!
                      Onde estás Xoana Sen Medo?
                     Vén aquí que xa te teño!


 Aportacións do alumnado a esta actividade.


1/11/2014

Castelao na nosa lembranza

Nestas datas os medios de comunicación fixéronse eco da figura de Castelao con motivo do  64 aniversario do seu pasamento e se lle renderon numerosos homenaxes; non é para menos. 

Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950) destacou polas súas obras literarias, polos seus debuxos e caricaturas e polo seu compromiso a prol de Galicia e do galego. 

Achegarse á biblioteca do centro ou ás municipais permitirache descubrir as súas inquedanzas, pensamentos e sobre todo o seu sentir como galego.