1/18/2014

Paula Carballeira na nosa biblioteca

A escritora Paula Carballeira fixo as delicias de todos nós trasladándonos a un mundo de fantasía por medio dos seus relatos.
Dentro do programa de Animación á lectura, os alumnos do 2º  ciclo poideron escoitar a esta fantástica transmisora de historias. Trasladounos a mundos lonxanos, mundos de dragóns, de nenos e nenas valentes...pero, sobre todo, deixou a súa pegada no noso mundo das letras.
Que mellor forma de achegarnos a elas que introducindo nos seus relatos cancións tan sinxelas...
recordas?
                    "Onde estás Xan Sen Medo?
                     Vén aquí que xa te teño!
                      Onde estás Xoana Sen Medo?
                     Vén aquí que xa te teño!


 Aportacións do alumnado a esta actividade.


1/11/2014

Castelao na nosa lembranza

Nestas datas os medios de comunicación fixéronse eco da figura de Castelao con motivo do  64 aniversario do seu pasamento e se lle renderon numerosos homenaxes; non é para menos. 

Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950) destacou polas súas obras literarias, polos seus debuxos e caricaturas e polo seu compromiso a prol de Galicia e do galego. 

Achegarse á biblioteca do centro ou ás municipais permitirache descubrir as súas inquedanzas, pensamentos e sobre todo o seu sentir como galego.